Cooking Nai
Samaín
A palabra samaín significa o fin do verán (Sada en digital, s.f.). Na antiga cultura celta, o 31 de outubro era o día máis importante do ano porque se remataba de recoller as colleitas para dar paso ao inverno.
Nesta tradición o papel dos espíritos era moi importante, pois a lenda conta que volvían ao mundo dos vivos para saldar contas inacabadas, por iso, para afastalos das casas deixábanse doces ou castañas como presentes.
Nas murallas dos castros, deixábanse hortalizas como as cabazas, e tallábaselles unha caveira para asustalos (Xunta de Galicia, s.f.).


Calacú ou Chulas de Cabaza


INGREDIENTES:
-
500 g de cabaza
-
2 ovos
-
1 vaso de leite
-
150 gramos de fariña
-
3 culleres de azucre
-
Un pouco de canela
-
Un pouco de sal
-
Aceite para frixir









PREPARACIÓN:
-
Pelar, cortar e cocer a cabaza con pouca auga ata que quede tenra. Despois escorrémola.
-
Cun garfo esmagámola antes de que arrefríe.
-
Engadimos os ovos, o azucre, a fariña e a canela. Mesturamos ben e deixámolo repousar 30 minutos.
-
Quentamos o aceite nunha tixola e imos poñendo culleres da mestura.
-
Dámoslles a volta cando estén douradas.
-
Servir nunha fonte e repartir azucre por enriba.
Imaxes e GIFs baixo créditos Creative Commons
