Cooking Nai
Entroido
O Entroido é unha festividade que ten moita importancia en Galicia. Algúns lugares galegos chegaron a gañar a calificación oficial de “Festas de interese turístico” (Turismo de Galicia, s.f). O Entroido sempre se acompaña dunha boa mesa.

Cocido

INGREDIENTES:
-
1 repolo ou feixe de grelos
-
1 anaco de unto
-
1⁄2 quilo de touciño de hebra
-
3⁄4 quilo de costela de porco
-
Unha pata de porco
-
1 orella
-
1 anaco da cabeza do porco
-
1 quilo de agulla ou xarrete de tenreira
-
1⁄4 quilo de fabas
-
6 chourizos




PREPARACIÓN:
-
Poñer en auga fría o unto e as fabas.
-
Cando empece a ferver poñer as carnes e o porco.
-
Tras unha hora de cocción engadir as verduras, as patacas e os chourizos.
-
Co caldo, engadímoslle azafrán e pódese facer unha sopa con fideos.
(Cunqueiro & Filgueira, 1993).







.jpg)
Caldo










PREPARACIÓN:
-
Pónse a cocer a galiña, o touciño, o unto e as fabas en auga fría.
-
Cando estén a medio cocer engadir a verdura, a sal e as patacas en anacos.
-
Se cómpre, engadir máis auga (debe ser quente ou morna).
-
Deixar cocer a fogo lento coa pota tapada unhas 3 horas.
-
Servir en cuncas.
(Cunqueiro & Filgueira, 1993).
INGREDIENTES:
-
1 culler de unto
-
100 gramos de touciño
-
1⁄2 polo
-
1 óso de caña
-
150 gramos de fabas
-
500 gramos de patacas
-
2 feixes de grelos
-
3 litros de auga
-
Sal









Orellas


INGREDIENTES:
-
600 gramos de fariña
-
1 ovo
-
100 gramos de manteiga
-
Un vaso pequeno de leite
-
Un vaso pequeno de aceite xa usado
-
1 culleriña de canela
-
Raspaduras dun limón
-
1⁄2 vaso de auga
PREPARACIÓN:
-
Nun recipiente mesturamos os ovos, a manteiga, o leite, o aceite, a canela e as raspaduras de limón. Pouco a pouco engadimos a fariña ata formar unha masa.
-
Cando teña consistencia pasámola a unha mesa e incorporamos o resto da fariña.
-
Estirámola e incorporamos auga ata que teñamos unha masa que non se pegue á mesa.
-
Para facer as orellas estiramos un pouco de masa na mesa cun rodete ata ter unha masa fina.
-
Frixir ata que teñan unha cor dourada.
-
Poñelas nunha fonte sobre un papel para quitar o exceso de aceite e botar azucre por enriba.
(Cunqueiro & Filgueira, 1993).









Filloas doces ou salgadas


INGREDIENTES:
-
Ovos
-
Leite (para as filloas doces)/ auga ou caldo (para as filloas salgadas)
-
Fariña
-
Azucre (doce)
-
Anís
-
Sal






PREPARACIÓN:
-
Mestúranse os ingredientes nun bol.
-
Poñemos manteiga ou aceite na tixola para que non se pegue.
-
Estiramos na tixola a masa líquida e cociñámola un pouco por ambos lados.
(Cunqueiro & Filgueira, 1993).

Orellas á feira





INGREDIENTES:
-
Orella de porco salgada
-
Aceite de oliva virxe
-
Pementón doce ou picante
-
Sal
PREPARACIÓN:
-
Cortamos en anacos pequenos a orella de porco.
-
Nunha tixola engadimos un chorriño de aceite e salteamos a orella do porco ata que adquiran unha cor dourada.
-
Servimos nun prato e engadimos aceite, pementón (picante ou doce) e un chorro de aceite de oliva.
(Las mejores recetas de Huga, 2013).



Bica

INGREDIENTES:
-
12 ovos
-
1⁄2 quilo de manteiga de vaca cocida
-
1⁄2 quilo de fariña
-
750 g de azucre
-
200g de fariña de trigo
-
1⁄2 sobre de lévedo en po






PREPARACIÓN:
-
Batemos a manteiga e o azucre.
-
Engadimos as xemas dos ovos.
-
Batemos as claras a punto de neve e mestúranse suavemente.
-
Cribamos a fariña e engadimos o lévedo.
-
Engadimos todo á mestura anterior.
-
Cubrimos a base dun molde con manteiga.
-
Ao forno durante 45 minutos a 170º.
(Porcel & Sánchez, 2005).

Licor café



INGREDIENTES:
-
1 litro de caña
-
500 gr de azure
-
60 gr de café en gran



PREPARACIÓN:
-
Introducimos a caña nun recipiente que poidamos pechar.
-
Preparamos un xarope nunha cazola, con auga e azucre. Cando arrefríe, engadímola á caña.
-
Moemos os grans de café e engadímolo á mestura.
-
Tapamos o recipiente e deixámolo repousar 10 días, axitando a diario para que se mesturen ben os ingredientes.
-
O décimo día coarémolo con un coador de tea. Debemos filtralo un par de veces, e despois volver a pechalo nun recipiente hermético.
-
Os seguintes seis meses, debemos axitalo unha vez ao día como mínimo, tras correr o tempo poderémolo consumir.
(Laura, 2019).

Imaxes e GIFs baixo créditos Creative Commons
