Cooking Nai
Nadal


Comeza o 24 de decembro e celébrase ata o 6 de xaneiro.
Nestas datas destacamos a Noiteboa o 24 de decembro, e a Noitevella o 31 de decembro, último día do ano. A parte da orixe cristiá, esta festa foi mesturando co paso do tempo o carácter relixioso coa tradición de convivencia familiar.
No século XIX, o Nadal comezou a afianzarse ata o carácter que ten hoxe en día, popularizándose o costume de intercambio de agallasos co nacemento do personaxe de Papá Noel así como a benvida dos Reis Magos celebrada o día 6 de xaneiro. É importante destacar que o nadal tamen é celebrado por xente non practicante da relixión cristiá, e utilizan estas datas como festexo da convivencia social e familiar. (Wikipedia, 2021 a).

Marisco
INGREDIENTES:
-
Marisco (Nécoras, centola, cigalas, boi...)
-
Auga
-
Sal
-
Loureiro

.jpg)







PREPARACIÓN:
-
Cocer en auga con sal e loureiro entre seis e dez minutos, dependendo do tamaño.
-
Retirar cando a cor alaranxada se aclare e sexa máis avermellada.
(Prada, 1990).
Merluza á galega

INGREDIENTES:
-
1,5 Kg de merluza en toros
-
Sal
-
2 cebolas
-
5 patacas medianas
-
2 follas de loureiro
-
8 dentes de allo
-
1 culler de pementón doce
-
150 ml de aceite de oliva virxe para frixir





.jpg)
.jpg)

.jpg)
PREPARACIÓN:
-
Nunha cazola con abundante auga fervendo, engadiremos cebola laminada, un puñado de sal e as follas de loureiro.
-
Tras ter as patacas cortadas e peladas en anacos grandes, engadirémolas á cazola.
-
Cando a pataca coza, colocaremos a merluza encima e deixaremos que coza a fogo suave de 5 a 8 minutos.
-
Prepararemos unha allada: pelaremos e laminaremos os allos, os cales botaremos nunha tixola con aceite de oliva. Tras douralos e retiralos do fogo agregaremos pementón doce e removeremos.
-
Pasaremos as patacas a unha fonte, xunto coa merluza e o caldo e verteremos a allada por riba.
(García, 2019).
Ameixas á mariñeira

INGREDIENTES:
-
1 kg de ameixas
-
Allo
-
Perexil
-
Auga
-
Loureiro
-
Aceite
-
Pementón






.jpg)
PREPARACIÓN:
-
Limpamos ben as ameixas.
-
Nunha tarteira ou tixola botamos un pouco de aceite con allo e perexil picados finos e douramos lixeiramente.
-
Engadimos auga e as ameixas pechadas, as cales se abrirán ao vapor collendo o sabor do perexil e o allo.
-
Dáselles voltas durante dez minutos e agregamos un pouco de pementón e unha folla de loureiro.
-
Deixamos no lume dous minutos máis ata que a salsa espese.
(Prada, 1990).
Bacallau


INGREDIENTES:
-
500 g de bacallau
-
4 patacas
-
3 dentes de allo
-
1 culler de pemento
-
Pementón doce
-
1 cebola
-
Aceite de oliva
-
Sal

.jpg)



.jpg)
.jpg)

PREPARACIÓN:
-
Pelar e cortar as patacas en franxas.
-
Nunha ola, introducimos as patacas xunto coa cebola.
-
Cocemos durante 4 - 6 minutos nunha ola a presión e botámoslle sal.
-
Unha vez cocida a pataca, pasamos todo a unha cazola baixa e engadimos o bacallau. Deixamos cocer uns minutos ata que se faga o bacallau, coa tapa posta.
-
Nunha tixola con aceite, douramos o allo picado a fogo lento.
-
Fóra do fogo, engadimos o pementón e medio vaso de caldo de cocción do bacallau.
-
Servimos as patacas e o bacallau e regamos co sofrito.
(Fernández, s.f.).
Capón asado






.jpg)
.jpg)
.jpg)
PREPARACIÓN:
-
Limpamos o capón e picamos cunha agulla toda a pel para eliminar a graxa.
-
Metemos o pescozo do capón pola parte dianteira da abertura e cosémolo.
-
Quentamos aceite nunha tixola sen que ferva.
-
Nunha ola poñemos a graxa e sobre ela o capón. Engadimos a cebola e o allo enteiro sen pelar.
-
Cando esté quente o aceite, vertémolo sobre o capón e metémolo ¾ horas a temperatura suave no forno.
-
Darlle a volta de vez en cando.
-
Ao sacalo, quitámoslle o aceite, a cebola e o allo e engadimos o coñac.
-
Poñémoslle a tapa á ola e deixámolo no forno 5 minutos máis.
-
*Podemos engadirlle patacas con algunhas verduras para a guarnición.

INGREDIENTES:
-
1 capón e a súa graxa
-
1 cebola pequena
-
1 copa de coñac
-
1 allo pequeno enteiro
-
Sal
-
Aceite
-
Patacas e verduras (opcionais)
Vieiras á galega







INGREDIENTES:
-
4 cebolas
-
5 liscos de xamón serrano
-
1 vaso de viño branco
-
2 culleres de pan relado
-
12 vieiras (frescas ou conxeladas)
-
1 culler de salsa de tomate
-
1 culler de perexil picado (opcional)
-
75 ml de aceite de oliva extra virxe
-
Un chisco de sal e pementa negra ben molida (opcional)

_jfif.jpg)





.jpg)
.jpg)

PREPARACIÓN:
-
Limpamos as vieiras, para iso debemos engadir auga e un bo puño de sal gorda 3 ou 4 veces ao día.
-
Pelamos e picamos as cebolas, que deben quedar en anaquiños moi pequenos.
-
Picamos o xamón a man ou en picadora.
-
Poñemos unha tixola ao lume con aceite de oliva virxe extra e engadimos o xamón. Cociñamos a fogo lento durante un ou dous minutos para que o xamón sele.
-
Engadimos a cebola na tixola e sofriximos uns 3 minutos a fogo medio removendo durante todo o proceso para que non se pegue.
-
Engadimos un vaso de viño branco e removemos durante 5 minutos para que o alcohol se evapore. Introducimos a culler de tomate fritido caseiro.
-
Cociñamos durante 10 minutos máis a fogo lento. Se vamos a engadir o pirixel, debemos facelo agora.
-
Retiramos do lume e deixamos repousar. Probamos e en caso de estar eslamiadas, engadimos un pouco de sal.
-
Poñemos as vieiras na tixola e removemos con coidado.
-
Colocamos as vieiras na cuncha xunto co sofrito e cubrimos a superficie con pan relado.
-
Metemos as vieiras no forno a 180ºC durante 12-15 minutos.
(López, 2010a).
Imaxes e GIFs baixo créditos Creative Commons

