top of page

Magosto

Festividade que celebra a recolleita de castañas. Tradicionalmente estas eran a gornición de todas as comidas. A finais do século XVIII substitúense por outros alimentos (pataca e millo) debido a unha enfermidade nos castiñeiros (Albariño, 2020).

Na actualidade, esta festa prevalece como momento de celebración no que, familias e amigos, comen castañas a carón do lume.

Castañas asadas

500 g de castañas

INGREDIENTES: ​

  • 500 g de castañas

  • Sal

  • Auga

PREPARACIÓN:

  1. Quentamos o forno a 200ºC e cúbrese unha bandexa con papel de aluminio.

  2. Lávanse as castañas con auga.

  3. Facemos un corte en cruz que chegue á pel interior.

  4. Pónse unha soa capa de castañas no forno e humedécense un pouco.

  5. Pélanse as castañas en quente para que sexa máis doado.

  6. Botarlle sal se se desexa.

  (Fuchs, 2014).

Castañas cocidas

castañas.png

INGREDIENTES:

  • 500g de castañas

  • Auga

  • Un pouco de sal 

  • Opcionais: folliña de loureiro, canela en rama, azucre ou mel 

500 g de castañas

PREPARACIÓN: 

  1.  Lavar as castañas, secalas e facerlle un corte pequeno.

  2. Nunha pota con auga cocemos as castañas durante 30-45 minutos á temperatura máis alta.

  3. Comprobar algunha por se se nos pasou a cocción.

  4. Sacámolas e deixámolas repousar nun coador para que arrefríen.

  5. Pelamos as castañas, retirando ben a pel interior e temos coidado de non queimarnos

   (López, 2020).​

Atrás

Imaxes e GIFs  baixo créditos Creative Commons

bottom of page