Cooking Nai
Semana Santa
Celebración cristiá que conmemora a Paixón de Cristo, e engloba a entrada en Xerusalén, a Última Cea, o Viacrucis, morte e resurreción de Xesucrito.
Comeza o Domingo de Ramos e finaliza o Domingo de Resurección.
Durante esta semana, teñen lugar numerosas mostras da relixión popular por todo o mundo destacando as procesións, as penitencias e as representacións da Paixón, morte e resurrección de Xesús. (Wikipedia, 2021)
Torradas


INGREDIENTES:
-
Unha barra de pan (mellor do día anterior)
-
¾ de litro de leite
-
3 ovos
-
3 culleres sopeiras de azucre
-
1 rama de canela
-
A pel dun limón ou laranxa
-
Azucre para espolvorear
_jfif.jpg)
_jfif.jpg)
.jpg)
.jpg)



PREPARACIÓN:
-
Fervemos o leite coa rama de canela, o azucre e a pel do cítrico.
-
Cortamos o pan en franxas duns 2 cm.
-
Mollamos cada anaco de pan no leite e, posteriormente noutro prato onde están os ovos batidos.
-
Nunha tixola poñemos aceite a quentar. Cando estén douradas por ambos lados deixámolas a escorrer nun prato rebozadas en azucre.
Roscón de Pascua

INGREDIENTES:
-
500 g de fariña
-
4 ovos
-
125 g de azucre
-
10 g sal fina
-
75 g manteiga
-
1 culleriña de anís
-
Picadura dun limón
-
40 g lévedo fresca
-
60 ml de auga tibia
-
Un ovo batido e un belisco de sal para vernizar
-
Un vaso de azucre mollado cunhas gotiñas de auga
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)


_edited.jpg)



PREPARACIÓN:
1. Mesturamos a fariña có lévedo.
2. Facemos un burato no medio e colocamos todos os ingredientes a excepción da manteiga e amasamos.
3. Na metade do amasado incorporamos a manteiga fría.
4. A masa estará lista cando xa non se pegue.
5. Se é necesario, descansar 5 minutos e volver. Estirar e golpear un pouco.
6. Deixámola descansar 1 hora nun recipiente, e tapar cun pano.
7. Damos forma e pintamos con ovo.
8. Deixámola medrar de 2 a 3 horas, a cantidade de horas son necesarias porque é unha masa pesada.
9. Logo, volvemos a pintar co azucre e metemos de novo no forno 20 minutos.

Bolicos frixidos
INGREDIENTES:
-
2 ovos
-
170 g de fariña
-
½ vaso de leite
-
Picadura de limón
-
Un chorro de licor de anís doce
-
1 culleriña de lévedo
-
Sal
-
Aceite de xirasol para fritir
-
Azucre para espolvorear
_jfif.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)


PREPARACIÓN
-
Bátense os ovos co azucre e a picadura de limón. Engadimos o leite e o anís e un belisco de sal e mesturamos ben.
-
Incorporamos a fariña co lévedo.
-
Poñemos a frixir os bolicos nunha tixola con aceite de xirasol. Cando se douren ambas caras, poñémolos nun prato con papel absorbente.
Imaxes e GIFs baixo créditos Creative Commons
