top of page

Apóstolo 

​A historia desta festividade comenza na Idade Media, cando a Igrexa perdoaba aos pecadores os seus pecados por medio da peregrinación (Fundación Xacobea, 2021); desta forma debían camiñar ata Santiago. Conta a lenda que era a Vía Láctea un mapa creado por Santiago o apóstolo para guiar aos peregrinos (La Sexta, 2019) ata Compostela. 

Na actualidade, esta celebración ten unha duración de 15 días no que se destacan un amplo abanico de actividades culturais como danzas e bailes folclóricos, e onde cabe destacar a saída dos Xigantes e Cabezudos que bailan polas rúas de Santiago, pero non é ata noite do 24 de xullo cando se lazan os foguetes de artificio na Praza do Obradoiro. 

Tarta de Santiago

INGREDIENTES:

  • 350g de fariña

  • 8 ovos

  • ½ cuartillo de auga

  • ½ libra de manteiga

  • 1 libra de améndoas e 1 de azucre

  • Raspadura dun limón

  • Azucre fino para decorar a tarta

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

PREPARACIÓN: 

  1. Bátense os ovos coa azucre, a fariña, a manteiga e a auga durante media hora.

  2. Engádese a améndoa moída e a raspadura do limón.

  3. Cando esté ben mesturado pónse nun molde e métese no forno.

  4. Unha vez está a tarta cocida e fría, decoramos co azucre fino. Se queremos decorar coa forma da cruz de Santiago, é necesario dispoñer dun molde con dita forma para que a tarta quede cuberta de azucre excepto nesa zona.

  (Prada, 1990).​

Atrás

Imaxes e GIFs  baixo créditos Creative Commons

bottom of page