top of page

San Martiño

A festa do San Martiño é unha reunión familiar onde se realiza a matanza do porco a cal coincide co 11 de novembro, día do San Martiño. 

Durante esta celebración, prepárase a carne do porco para aproveitala durante todo o ano. 

Mentres isto ocorre, é común que se comparta a "a proba dos rixóns" entre os veciños para degustar se a carne está boa ou non.

Rixóns

INGREDIENTES:

  • 2kg de carne de porco con graxa 

  • Dúas culleres de sal

  • 1/2 vaso de auga

 

 

 

 

 

​

PREPARACIÓN:  

  1. Separamos a carne da graxa.

  2. Cortamos a carne en tiras.

  3. Nunha pota grande colócase a carne coa graxa xunto co sal.

  4. Déixase cocer a carne unha hora removendo de vez en cando.

  5. Unha vez está cocida a carne escórrese ata que non teña auga.

   (Lechuza, 2008).

Zorza

INREDIENTES:

  • 1 kg de carne de raxo de porco ben picada

  • Allos

  • Sal

  • Pementón doce e picante

  • Po de ourego 

 

​

​

​

​

​

​

​

​

​

PREPARACIÓN. 

  1. Un día antes de consumila adóbase a carne con allo, sal e unha pouca auga.

  2. Amásase ben e déixase repousar ata o día seguinte.

  3. Dúas horas antes do cociñado vólvese amasar engadindo dúas culleres de pementón doce, unha de picante e po de ourego.

  4. Fritir en aceite.

   (Prada, 1990).​

Atrás

cerdito.gif

Carne ao caldeiro

INGREDIENTES:

  • 1 kg de agulla, xarrete ou falda de tenreira

  • 4-6 patacas medianas

  • 70 g de unto de porco

  • Chourizo

  • Pementón doce ou picante

  • Aceite de oliva virxe extra

  • Sal

​

 

 

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

PREPARACIÓN: 

  1. Pela as patacas e córtaas en metades.

  2. Engade un pouco de aceite nunha pota e doura a carne a temperatura alta.

  3. Engade auga ata cubrir a carne mais o unto e déixao cocer 25 minutos.

  4. Cando a carne esté cocida pon as patacas e a sal ao gusto.

  5. É opcional engadir chourizo. 

  6. Pica a carne cun garfo para comprobar se está tenra.

  7. Colocamos nunha fonte e engadimos o pementón e o aceite de oliva virxe.

   (Frabisa, 2020).​

Imaxes e GIFs  baixo créditos Creative Commons

bottom of page