top of page

San Xoán

Festividade de orixe pagano celebrada antigamente o 21 de xuño, coincidicindo coa chegada do solsticio de verán. Actualmente  celébrase a noite do 23 de xuño en honra a San Xoán Bautista.

En Galicia é moi común relacionar esta festividade coa noite das meigas onde se facían fogueiras como símbolo purificador. A tradición máis estendida é a de saltar por riba da fogueira nove veces para ter sorte todo o ano.

Outra tradición é a das sete herbas de San Xoán, na que había que coller sete plantas diferentes, deixalas repousar toda a noite da festa e a mañá seguinte lavar a cara con elas para espantar aos malos espíritos (Elías, 2016). 

Sardiñas asadas

sardines-restaurant-food-fresh.jpg

INGREDIENTES:

  • Cantas sardiñas se queiran

  • Sal

 

 

 

 

​

​

fsd.gif
fsd.gif

PREPARACIÓN: 

  1. Engadir o sal unha ou dúas horas antes de asarse na brasa as sardiñas. 

  2. Colocar na grella de maneira horizontal, poñendo a cabeza da sardiña xunto co rabo doutra. 

  3. Asar por ambos lados ao gusto do comensal. 

   (Prada, 1990).​

Cabrito

INGREDIENTES:

  • Medio cabrito

  • 1 cebola grande

  • 1 limón 

  • 1 vaso de viño tostado

  • 1 vaso de vinagre

  • Patacas

  • Pemento vermello 

  • 2 culleres de auga

  • 1 rama de perexil 

  • 1 cabeza de allos 

  • Miga de pan

  • Aceite 

  • Sal

 

 

 

 

​

​

 

 

 

​

PREPARACIÓN: 

  1. Limpamos e troceamos o cabrito. 

  2. Esmagamos nun morteiro os allos e un bo feixe de perexil. 

  3. Poñer nunha pota a auga e a miga de pan a cal debemos desmigar ben.

  4. Engadimos o allo triturado, o perexil e o sal.

  5. Adobamos con esta mestura o cabrito e deixámolo ata o día seguinte na neveira.

  6. Sacamos o adobo e douramos o cabrito nunha tixola con aceite de oliva.

  7. Retiramos os anacos unha vez dourados para unha tarteira.

  8. Colamos o aceite sobrante e botámolo sobre o cabrito. Se vemos que non é suficiente, botamos un pouco máis de aceite frío.

  9. Cortamos a cebola partida en 6 anacos e incorporámola ao cabrito. Engadimos unhas ramas de perexil, o viño tostado e deixamos que se faga a fogo lento.  

  10. Dámoslle a volta de vez en cando para que se vaia facendo ben e unha vez brando o cabrito, retiramos os anacos a unha fonte e esparexemos o zume de limón.

  11. Coamos de novo a salsa da tarteira e botámola por riba do cabrito.

  12. Metemos ao forno moderado (180ºC) para que se doure a carne.

  13. Sérvese na tixola adornado con patacas en anacos e pementos morróns.

  (Shealf´s Blog, 2009).​

Churrasco de porco e tenreira

churrasco tenreira.jfif

INGREDIENTES:

  • 1,5 kg de costela de porco ou falda de tenreira

  • 1 lata de cervexa

  • Tomiño

  • Sal grosa

  • Romeu

  • Aceite de Oliva Virxe Extra

​

 

 

 

​

​

​

PREPARACIÓN: 

  1. Preparamos a carne unhas horas antes; partimos o costelar en 3 pezas.

  2. Engadímoslle sal, un pouco tomiño e pónse nunha bandexa coa lata de cervexa.

  3.  Mover as pezas cada 30 minutos  par que se mariñen na cervexa.

  4. Poñer as costelas nunha bandexa con grellas para escorrer as pezas.

  5. Engadir unha capa lixeira de aceite e esparexer tomiño, sal e pementa.

  6. Coloca a grella na parte baixa e coloca as pezas pola parte magra. Deixar durante 2 minutos.

  7. Subir a grella ao lugar máis alto e ir dándolle voltas ata que collan cor tostada.

  8. Retirar as costelas engadir sal e acompañalo con patacas.

Queimada

INGREDIENTES:

  • 2 litros de augardente branca

  • 300 g de azucre

  • A pel de dous limóns

  • A pel dunha laranxa

  • 1 puñado de grans de café

PREPARACIÓN: 

  1. Colócase nun recipiente de barro cocido propio para facer a queimada a augardente e o azucre na proporción de 150 gramos por cada litro de augardente. Neste caso 300 gramos de azucre en 2 litros de augardente.

  2. Pelamos os limóns e a laranxa e botamos a casca no recipiente de barro.

  3. Nun cullerón poñemos 2 culleradas de azucre cun pouco de augardente e prendémoslle lume. Unha vez prendida a chama, aproximámola ao recipiente da queimada para que comece a arder.

  4. Temos que ir removendo a queimada con coidado, dando voltas sen chegar ao fondo, onde se acumula case todo o azucre.

  5. Engadimos un puñado de grans de café para que a bebida teña un color tostado.

  6. Removemos ata que que vaia queimando a augardente. Unha vez a chama está dunha cor azulada (debido ao azucre) quere dicir que o alcohol xa se está consumindo. Se deixamos queimar todo o alcohol, conseguiremos unha auga doce e quente.

  7. Unha vez queimada a augardente, apagamos o lume cun forte sopro.

  8. Servimos a queimada quente nunha cunca de barro ou nun vaso de cerámica para que se manteña a temperatura.

   (López, 2010b).​

Atrás

Imaxes e GIFs  baixo créditos Creative Commons

Conxuro da queimada

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,

feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das santas Compañas.
Mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol, levantarei as chamas deste lume
que asemella ó do inferno
e fuxirán as meigas a cabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que
non poden deixar de queimarse
no augoardente quedando así purificadas.
E cando esta brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume,
a vós fago esta chamada:
Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espritos dos amigos que estean fóra,
participen con nós desta queimada.

bottom of page