top of page

Reunións familiares

Na nosa Comunidade Autónoma é moi típico que os membros da familia se reúnan, sobre todo a fin de semana. Habitualmente a xente ten libre os domingos polo que este día é no que máis xente se xunta para comer en compañía da súa familia. Non é unha festividade como tal, pero parécenos relevante dentro da cultura galega. 

family-thumbs-up.gif

Polbo á feira

polbo a feira.jpg

INGREDIENTES:

  • Un polbo de 2kg

  • Sal

  • Aceite

  • Pementón picante e doce

  

 

​

​

 

 

​

PREPARACIÓN:  

  1. Limpamos ben o polbo e mazámolo para que abrande.

  2. Nunha pota poñemos ben de auga cun pouco de sal.

  3. Cando ferva metemos o polbo dentro, suxeitándoo pola cabeza, somerxéndoo unhas tres veces.

  4. Finalmente introdúcese enteiro na auga e férvese durante 30 minutos, aínda que o tempo variará dependendo do tipo de polbo.

  5. Sácase da auga e déixase repousar.

  6. Cunhas tesoiras cortamos en talladas e colocamos a ración nun prato de madeira, a poder ser.

  7. Condimentamos o polbo con aceite, sal e pementón.

  (Prada, 1990) e (Porcel & Sánchez, 2005).​

family-people (1).gif

Empanada de polo

INGREDIENTES:

  • Un polo de medio quilo sen ósos e cortado

  • 3 pementos vermellos

  • 3 cebolas

  • Aceite de oliva

  • 1kg de fariña

  • Unha cunca de auga con aproximadamente tres dedos de aceite

  • Un cullerón de leite

  • 1 ovo

  • 20g de lévedo

 

 

 

​

​

​

 

 

 

​

PREPARACIÓN: 

  1. Para preparar a masa faise un oco no medio á fariña disposta nun montón e dentro del póñense os ingredientes.

  2. Amásase todo ben e déixase tapada a masa nun recipiente ata que dobra o seu tamaño orixinal (aproximadamente unha hora).

  3. Para o recheo, douramos a cebola na tixola ata que quede ben tenra xunto co polo.

  4. Preparada xa a masa, pónse sobre a tapa inferior a cebola e o polo e cóbrense con pementos.

  5. Cérrase colocando a tapa de masa enriba e métese no forno a 160º durante 40 minutos.

   (Prada, 1990) e (Porcel & Sánchez, 2005).​

Polo_edited.png
family-people.gif

Callos

cookin-cook.gif
family-people (2).gif

INGREDIENTES:

  • 1kg de mestura de tripa, pata e morro de porco

  • 500g de garavanzos

  • 1 cebola

  • 200g de lacón curado desalgado

  • 2 chourizos

  • 1 cabeza de allo

  • 1 culler de pementón doce e 1 de picante 

  • Aceite de oliva. - Auga

  • Sal

  • Limóns

  • Especias para callos

  • Comiño

​

​

 

 

​

bowl-with-spoon-food.gif
humo-food.gif

PREPARACIÓN 

  1. Poñemos os garavanzos a remollo en auga 24 horas.

  2. A carne de tripa e pata en auga con limón 24 horas.

  3. Picamos toda a carne (tripa, pata, lacón e morro) e colócase nunha pota cos garavanzos, a cebola, a cabeza de allo, as especias de callos e o comiño.

  4. Déixase cocer 1 hora aproximadamente.

  5. Botamos os chourizos picados co pementón doce e picante e sacamos a cebola mais os allos.

  6. Pelamos a cebola e a cabeza de allo.

  7. Nunha pota pequena engadimos o aceite de oliva, a cebola e os allos , mesturamos todo e deixamos que colla unha cor dourada.

  8. Unha vez feita esta mistura, engadímola na pota onde están os callos.

  9. Probamos se está ben de sal e especias.

  10. Deixamos que espese a salsa.

  11. No caso de que esté moi líquida, sacamos uns garavanzos, esmagámolos e engadímolos de novo á pota.

Queixo con marmelo

INGREDIENTES:

  • 200 g de queixo de Ulloa

  • 200g de marmelo

 

 

​

​

 

​

PREPARACIÓN: 

  1. Córtanse en liscos do mesmo grosor o queixo e o marmelo.

  2. Colócase nun prato os anacos de marmelo enriba dss de queixo.
  3. Pódese acompañar con azucre, mel ou un anaco de pan

  (Porcel & Sánchez, 2005).​

Atrás

Imaxes e GIFs  baixo créditos Creative Commons

Pementos de Padrón

family-people (3).gif

INGREDIENTES:

  • Pementos 

  • Sal

  • Aceite de oliva ou xirasol

PREPARACIÓN: 

  1. Limpar ben os pementos sen mollalos.

  2. Poñer ó lume unha tixola con moito aceite e deixar que quente.

  3. Botar os pementos e remexelos.

  4. Cando a pel do pemento comece a torrarse retirar do aceite a un prato e cubrir con sal.

  5. Servir quentes.

  (Prada, 1990).​

bottom of page